lunes, 18 de noviembre de 2013

Fiesta Final en Augas Santas para pecha-lo Circuito de Golf "Los Productos de Lugo 2013"

Durante o ano 2013 os 5 campos de golf da provincia de Lugo (Golf Lugo, Golf Guitiriz, Golf El Pilar de Sarria, Golf Río Cabe de Monforte e Golf Augas Santas de Pantón) acolleron sendas probas do Circuito promovido pola Deputación Provincial de Lugo, co que ademáis de promociona-la variedade e calidade dos productos gastronómicos da provincia de Lugo, ofertábase os cada vez máis numerosos afeccioados o deporte do golf, a posibilidade  de competir nun Circuito con grandes premios e agasallos.

O Circuito comenzou en Maio en Golf Lugo e rematou o pasado domingo coa final clasificatoria no OCA Augas Santas Golf de Pantón. Tódalas probas disputáronse baixo a modalidade parellas fourball, premiándose en cada proba as cinco primeiras parellas hándicap e maila gañadora scratch con lotes oficiais de Productos de Lugo e trofeos conmemorativos. Ademáis en cada proba acumulábanse puntos para a clasificación final onde estaban convocadas as 25 mellores parellas da clasificación hándicap e as 25 mellores da scratch.

Una vez rematada a proba final do domingo no OCA Augas Santas e durante a degustación dun cóctel no Hotel Balneario, a representante da Deputación Provincial Pilar García Porto, o representante de OCA Hotels Álvaro Sáenz-Díez, e o organizador do Circuito Manuel López, procederon á entrega de premios de cada unha das 5 probas previas e da clasificación final acumulada do Circuito, aproveitando a ocasión para agradece-la participación dos máis de 100 xogadores que segueron o Circuito, a colaboración dos cinco campos de golf da Provincia, así como unha especial mención á Deputación Provincial e a la Federación Gallega de Golf que unha vez máis apostaron polo golf como unha ferramenta saudable de promoción cultural e turística da Provincia de Lugo.

No meramente deportivo os vencedores absolutos (scratch) do circuito cun acumulado de 200 ptos. foron os lucenses Ángel Castro Gay e Ramón Canda González que non deron opción os seus persieguidores despois de gaña-la final, manténdose en cabeza da clasificación de principio a fin. A 2ª praza scratch foi para os xogadores de Augas Santas Manuel Dacosta e Manuel Vázquez con 190 pts, sendo a 3ª praza scratch para os lucenses Manuel Vizcaino e Luis Ángel Pérez con 162 pts. Os gañadores do Circuito na clasificación hándicap, tralo axustado final foron os monfortinos Juan Carlos Pérez "Kukín" eJosé Manuel Rodríguez "Rodri" con 172 pts., os mesmos que os sarrianos Higinio López e Rafa Castellano, sendo a 3ª posición final hándicap para os también sarrianos Miguel A. Martínez e Jesús Balboa con 160 ptos.